TEMA 1
Mudarse: cambiarse. Zoe tivo que mudarse de país coa súa nai.
Reflexionar: pensar, cavilar. Aquela situación, fíxome reflexionar.
Se cadra: ao mellor. Se cadra poderei visitala cada verán.
Mais: pero. Tentei rematar o traballo, pero non me deu tempo.
Matinando: pensando. Estiven toda a noite matinando naquel problema.
Choutos: chimpos, saltos. Cando me enterei da boa nova din choutos de ledicia.
Pakora: comida india. Naquela viaxe á India probei pakoa pero non me gustou.
Gulab jamun: sobremesa india. Merquei Gulab jamun para a sobremesa.
Decátome: doume conta. Agora qu son maior decátome de moitas cousas.
Arrecendo: cheiro agradable. Aquela comida tiña un arrecendo delicioso.
Parrochas: Xoubas, sardiñas. A miña avoa preparou unhas parrochas asadas para todos.
Zoa: produce un ruído contínuo. Cando zoa o vento con forza, ábrese a porta do xardín
No canto de…: en vez de…Prefería ter vacacións todo o ano no canto de no verán.
Mesturadas: xuntas. Gardou todas as bonecas mesturadas nun caixón.
Becerra: cría da vaca. O meu tío Antón criou unha becerra o ano pasado.