Benvidos e benvidas ao curso 2026/2027!
Empeza un novo curso e con el, unha nova aventura! Este ano acompáñanos un valor moi especial:
A ESCOITA.
Escoitar non é só oír. É prestar atención de verdade ao que din os nosos/as compañeiros/as, familias e profesorado. É abrir os oídos...e tamén o corazón. Este curso aprenderemos a:
- Escoitar con atención e respecto.
- Escoitar diferentes puntos de vista, ainda que non coincidan co noso.
- Escoitarnos a nós mesmos, para coñecer mellor o que sentimos.
- Escoitar ao mundo que nos rodea.
Este úlitmo curso de Primaria é moi importante: estades a piques de dar un paso cara á Secundaria. Imos vivilo xuntos/as , aprendendo, rindo, equivocándonos e medrando...e sobre todo, escoitándonos!
Este blog será o noso recuncho para compartir todo o que vaiamos experimentando.
Espero que este sea un curso cheo de grandes momentos.













