viernes, 16 de septiembre de 2016

Vocabulario galego T. 4

TEMA 4

Morea: gran cantidade de algo. Harry atopou unha morea de paquetes aos pés da cama.

Agasallos: regalos. Leveille uns agasallos a Uxía polo seu aniversario.

Garabateado: esborranchado.Entregoume un papel garabateado no que non se entendía nada.

Tosca: ruda, pouco elaborada. A Harry regaláronlle unha tosca frauta de madeira.

Peniques: moedas inglesas. Garda nunha caixa uns peniques que trouxo da súa viaxe a Londres.

Informe: sen forma. Observei aquel paquete informe, pero non logrei adiviñar que era.

Livián: lixeiro. Collinno facilmente, era moi livián.

Desenvurullouno: tiroulle o envoltorio. Harry colleu o paquete e desenvurullouno rapidamente.

Fluído: lìquido. Non logrou adiviñar que era aquel fluido gris.

Pregues: pregos, dobreces. Aquela saia tiña moitos pregues.

Escintilantes: brillantes. No Nadal a cidade énchese de luces escintilantes.

Graxeas: pastillas. Hermione envioulle unhas graxeas de  todos os sabores.

Turrou: tirou. Turrou da capa para tapar a cabeza.

De socato: de  repente. De socato escoitou un forte ruido e saiu correndo.

Revirichada: revirada, con moitas voltas. Non logrou ler aquela letra tan revirichada.

PRONÓSTICO

tiempo Cangas