lunes, 27 de noviembre de 2023

25N

 Hoxe, 24 de novembro, é un día moi especial no que conmemoramos o día  25N como o dia Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste día, os alumnos e alumnas de sexto de Primaria do Colexio Casa de la Virgen imos facer unha representación coa que pretendemos visibilizar este gran problema da sociedade na que vivimos e facer ver a discriminación que as mulleres sufriron ao longo do tempo en diferentes ámbitos.

Porén, na nosa representación veredes as imaxes de varias mulleres que sufriron esta discriminación na ciencia. Foron mulleres que no seu momento non recibiron o mérito que merecían simplemente por ser mulleres. Os seus grandes descubrimentos non foron recoñecidos, polo que agora queremos darlle a importancia que en realidade teñen. 

Con este traballo queremos dar a coñecer o efecto #NomoreMatildas, un movemento que busca recuperar as figuras de brillantes científicas que viron ignorados os seus achados ao longo da historia pola súa condición de mulleres. Desta maneira preténdese espertar a vocación científica de todas esas nenas ás que ata hoxe, se lles fixo pensar que a ciencia era cousa de homes.









PRONÓSTICO

tiempo Cangas