Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de noviembre de 2026

25N

 

«Rap polo Respecto» (25N)


Escoita ben a base, conecta o altavoz,

Sexto de Primaria vén erguer a  voz!


Non é só un día no noso calendario,

é a actitude que amosamos a diario.

O control non é amor, 

se de verdade te quere dáche valor!

Si che din como vestir ou como  falar,

di que non, esa porta has pechar.

Amosa a túa forza na solidariedade,

non en pisar ao outro sen piedade.

Ninguén é dono de ninguén

 aprende a lección,

a igualdade constrúese con educación.

Basta de burlas, basta de presión,

que o respecto sexa a  única razón.

Se ves unha inxustiza non  quedes calado,

ponte de fronte, ponte ao seu lado.

Rapazas e rapaces, ombreiro con ombreiro,

imos cambiar o mundo enteiro.


PRONÓSTICO

tiempo Cangas