«Rap polo Respecto» (25N)
Escoita ben a base, conecta o altavoz,
Sexto de Primaria vén erguer a voz!
Non é só un día no noso calendario,
é a actitude que amosamos a diario.
O control non é amor,
se de verdade te quere dáche valor!
Si che din como vestir ou como falar,
di que non, esa porta has pechar.
Amosa a túa forza na solidariedade,
non en pisar ao outro sen piedade.
Ninguén é dono de ninguén
aprende a lección,
a igualdade constrúese con educación.
Basta de burlas, basta de presión,
que o respecto sexa a única razón.
Se ves unha inxustiza non quedes calado,
ponte de fronte, ponte ao seu lado.
Rapazas e rapaces, ombreiro con ombreiro,
imos cambiar o mundo enteiro.
