Onte participamos na proxección da película "A Miña vida ao grande". Trata da historia de Ben, un neno de 12 anos con moito sentido do humor e paixón pola cociña e a música, que se enfrenta ao acoso escolar polo seu peso ao empezar o instituto.
A película explora o seu proceso de autoaceptación, a súa vontade de cambiar a situación e a descuberta de que o máis importante non é a imaxe exterior, senón como cada un se sente por dentro.